Somos Paisaxe | Somos Paisaxe
 

Paisaxes e persoas

Levando a relación entre as paisaxes e as persoas máis aló do estético

Damosche a benvida a Somos Paisaxe, o portal para a implicación coa Paisaxe de Galicia.

Subscribete para recibir información de todas as nosas actividades, eventos e novidades e séguenos nas redes sociais para participar das accións que temos preparadas para a túa implicación direta coa Paisaxe de Galicia.

Síguenos
Somos Paisaxe

Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.

A paisaxe

Unha paisaxe é un espazo que é percibido e poderiamos dicir que a percepción é algo dinámico dado que non todos os observadores perciben o mesmo. Sen embargo a paisaxe non é so percepción é algo máis: é o resultado sempre inestable dunha dinámica na que interveñen elementos bióticos, abióticos e antrópicos. Po iso, si ben é importante o perceptivo na comprensión das paisaxes, parece convinte ir máis aló e entrar tamén na súa dialéctica concreta froito dunha morea de elementos, factores e procesos ao longo do tempo.

A paisaxe galega

Unha das principais características de Galicia é a súa riqueza paisaxística. A súa situación xeográfica no planeta, a proximidade do océano e a existencia das altas serras orientais, unha contrastada morfoloxía, os milleiros de ríos que sucan este territorio, a presenza de rochas graníticas e louseñas, así como un variado mosaico climático e unha elevada diversidade biolóxica, configuran unha riqueza paisaxística única e irrepetible.

Impulsores

Somos Paisaxe é unha iniciativa aberta á participación e á implicación. Está coordinada pola Fundación Galicia Sustentable grazas ao impulso do Instituo de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Últimas publicacións
Paisaxe no Convenio Europeo
O Catálogo das Paisaxes
Colabora coas túas imaxes
Visor Cartográfico

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR